domingo, 9 de xuño de 2019

Samsung Watch

O reloxo de Samsung, o Samsung Watch

Este é un doss reloxos sacados ao mercado por parte de Samsung e hoxe imos falar del.

Vantaxes

-Pode enlazarse mediante bluetooth con dispositivo Android e IOS conseguindo unha gran compatibilidade.
-Ten unha gran variedade de correas e esferas para personalizalo.
-Información clara á vista á hora de ir a correr e cunha disposición das aplicacións moi cómoda.
-Nova opción, Actividade Diaria. Pon unha serie de obxectivo a cumplir durante o día e así manterse en forma.
-Controla outros datos interesantes de cara a salud, como as pulsacións, a respiración e o sono.

Conta ca capacidade de carga inalámbrica que penso que é bastante útil xa que máis dunha vez un cargador xa sexa de móvil, dunha consola ou dun reloxo mesmo e que de súpeto, deixa de funcionar, e tes que gastar máis diñeiro en comprar outro.

Especificacións

-Localización: GPS, GLONASS, Beidou e Galileo.
-Wifi: 2.4 GHz
-Bluetooth incluído
-SO Tizen
-Tecnoloxía AMOLED resolución 360x360
-16M de cores
-Ata 15 horas de batería

Esas son as principais específicacións. É un reloxo moi interesante ademais ten compatibilidad con teléfonos de marca Apple o que penso que é moi útil. Sen embargo digo o mesmo que na outra entrada do Apple Watch, se queres o reloxo específicamente para deporte, hai moitas opcións mellores e a menor precio.

xoves, 6 de xuño de 2019

O Apple Watch Series 4

Apple Watch Series 4

Hoxe vouvos falar do Apple Watch 4, un novo modelo mellorado por parte de Apple.

Este Smartwatch volve máis forte que nunca xa que remodelaron todo diseño interior e engadiron un máis tamaño da pantaia. Os bordes son redondeados para dar un aspecto redondeado e elegante. Tamén pode ter ata 8 complicacións na pantaia o que supón un gran avance.Ofrece 18 horas de autonomía polo tanto podes utilizalo ata tres días seguidos sen poñelo a cargar un solo instante. Posúe o chip S4 o máis avanzado ata agora en Apple, outra importante incorporación e o aumento do 50% do volume do altavoz permitindo facer chamadas moito máis cómodamente.

A miña opinión

A min paréceme un reloxo moi interesante pero non me gusta demasiado a forma rectangular e ademais como xa dixen outras veces, prefiro smartwatchs especializados no deporte. Este é un reloxo pensado para a xente que queira recibir chamadas dun xeito diferente ou utilizálo como teléfono cas aplicacións descargables

martes, 4 de xuño de 2019

Garmin Forerunner 235

Forerunner 235

Este é un reloxo intelixente da marca Garmin pensado sobre todo para o Running (saír a correr) aínda que tamén se pode utilizar para moitos outros deportes; entre os que destacan: o ciclismo, a natación e os demais deportes relacionados con esos.

Porque vou a falar del?

Vou falar del xa que estase convertendo no reloxo máis vendido desta marca. E isto porque? Pois é debido a que ofrece unha gran cantidade de función a un menor prezo (ademais do apartado estético).

DESCRICIÓN XERAL

-Conta cun sensor óptico que mide continuamente as pulsacións no pulso.
Grazas a isto xente que ten problemas de corazón pode ter ben controlados os seus latidos

-Nel podes descargar novas funcións ou entrenamentos para así obter unha gran variedade de opcións. Todo isto se descarga dende Connect IQ como o Play Store de Android.

-Se che gusta correr este reloxo ofrece unha opción para correr en interiores (cintas de correr) ou fóra (na rúa). Conta o número de pulsacións mentres corres, os pasos, o ritmo ao que vas e as calorías queimadas ao longo do percorrido. Conta con GPS e GLONASS para localizar a túa posición.

-É moi sinxelo. É dicir non fai falta ter un máster para entender o que pon na pantaia.

-Podes personalizalo á túa maneira e así se adecúe máis á túa personalidade, podendo cambiar os estilo da pantaia e un gran amplo abanico de función para personalizar o teu reloxo.

Características

 MATERIAIS

Lente: cristal.
Correa: silicona.

    TAMAÑO

45 x 45 x 11,7 
Tamaño da pantalla: 31,1 (1,23 in) de diámetro.

      PESO
        42 g













sábado, 1 de xuño de 2019

Novo contido para o blog!!! Reloxos intelixentes

Hoxe vou falar dun novo contido que quero engadir ao meu blog: os reloxos intelixentes.

Como xa dixen nesta entrada e nalgunha máis que farei máis adiante quero centrarme nos reloxos intelixentes. Máis específicamente vou falar dos reloxos da marca Apple, Garmin, Samsung e Polar aínda que pode que fale doutras marcas.

Para comezar os dous tipos de reloxos intelixentes

Os casuais: como por exemplo o Apple Watch ou Samsung Gear.

Os de deporte: como todos os da marca Garmin e Polar.

Os casuais
Estes reloxos son para a xente que non lle vai dar moito uso de cara ao deporte xa que este tipo de reloxos non inclúen case nada de variedade nas opcións de deporte. En cambio engade algunhas cousas como os altavoces e o micro que serven tanto para reproducir música como para contestar a unha chamada. Tamén podes instalar algunhas aplicacións que tamén posúen os móviles. Dous exemplos máis recentes son o Apple Watch series 4 e por parte de Samsung o Galaxy Watch.

Os de deportistas
Estes reloxos están pensados para xente á que lle encanta o deporte e o practica varias veces por semana. Estos inclúen unha gran variedade de deportes, entre os que destacan correr nadar e andar en bici. Sen embargo hai moitísimos máis deportes que podes instalar no teu reloxo ao teu gusto. Este non ten nin micro nin altavoces xa que non está pensado para recibir chamadas, aínda así este recibe as notificacións do teu teléfono. Os exemplos máis recentes son o Garmin Fénix 5 X e o Polar Vantage V Titan.

Para o meu gusto prefiro os reloxes pensados para o deporte xa que eu o practico bastante, pero segundo os teus hábitos un é mellor para ti que outro.

                                                                                      Imaxe sacada de Pixabay

Incendio do bar Alameda

Incendio do bar Alameda

Incendio dun bar da Pobra, o Alameda.

Onte pola tarde o bar da parte céntrica da Pobra sofreu un grave incendio que case acaba cos xardíns deste pobo, sen embargo os bombeiros chegaron a tempo para salvar ao dono do local e a axudar a que non se estenda o lume.

Non houbo ningún morto pero dous nenos que estaban xogando ao lado do bar, remataron con queimaduras de 2do grao. Os nenos foron atendidos médicamente e en dous días máis ou menos xa estaran coma novos.

O incendio sucedeu ás 18:00 e o local estaba cheo, sen embargo todos saíron a tempo. Tres turistas demandaron ao bar por poñer en perigo as súas vidas. Os policías locais falaron con eles e explicoulle aos estranxeiros que non foi culpa do local, senón dun cliente.

                                 Local Alameda en pleno incendio.           Imaxe sacada de Pixabay

Por que tivo lugar este incendio?

Este incendio tivo lugar debido a que un cliente tirou á papeleira do local unha colilla acendida. Lamentablemente na papeleira había bebidas con alcohol que terminaron por prender este bar.

O culpable terá que pagar ás dúas vítimas ademais de parte da reparación.

Fontes de información: Javier Pérez dono do local e Ángel Manuel Rial Rodríguez, taxista presente no incendio.
                                                               
                                                                       Por André Rial Caicedo

domingo, 19 de maio de 2019

Desastroso accidente dun avión de Iberia

Desastroso accidente dun avión de Iberia

Accidente dun avión da compañía española Iberia arrasa parte da cidade Francesa de París.

                                                                                        Imaxe sacada de Pixabay 

O día 18 de maio, un avión da compañía Española Iberia, arrasou con parte de París. Dito avión sofreu un faio nos motores que o deixou inutilizable. Este estivo planeando durante centos de quilómetros, pero debido á velocidade que levaba e a non ter os motores como axuda para frear o vehículo levou por diante parte dalgún edificio de París

Os pilotos, tentaron planear durante un longo tramo, sen embargo non foi suficiente. O número de feridos foi tráxico debido ás 110 mortes, 97 feridos e 3 desaparecidos.

 Centos de familias choran estos días debido á pérdida dalgún dos seus seres queridos.
A empresa Iberia terá que pagar unha multa de 20 mil millóns de euros máis outros 15 millóns para recompensar ás familias a pérdida de todas esas persoas.

Máis sobre o accidente

Este accidente produciuse debido a un faio da refrixeración do avión. Ao sobrecargarse o sistema de motores e á rotura dun á debido aos baratos materiais da construción do avión, o móbil non respondía aos mandos da cabina. Producindo así o accidente.



Fontes de información: Carmela Gónzalez azafata do avión e vítimas do accidente.



                                                                                                                 Por André Rial Caicedo

  
                            

mércores, 17 de abril de 2019

GTX 1660 Ti

A NOVA TARXETA GRÁFICA: GTX 1660 Ti

Ola a todos, hoxe imos a falar da nova tarxeta gráfica saída ao mercado por Nvidia: a GTX 1660 Ti.
Esta tarxeta gráfica esta pensada específicamente ao gaming. Os creadores de Nvidia decidiron facer esta Gráfica debido ao éxito do resto dos seus productos no gaming. A potencia desta aseméxase á da 1070 sendo así un moi bo produto. As capacidades desta increméntanse moito cando estás xogando ou ''streameando'' debido á súa estrutura. Ademais tamén inclúe as diversas funcións ofrecidas por Nvidia, coma por exemplo: Geforce Experience (graba momentos importantes do xogo como cada vez que eliminas a alguén nun xogo de disparos ou cando te eliminan a ti), Nvidia Ansel (programa que realiza fotografías a nivel profesional do teu xogo) e outras opción que inclúe esta gráfica.

A miña opinión

A miña sinceira opinión é que se ti xa tes unha boa gráfica coma a 1070 1080 1060 1050 non é necesario que a merques xa que a túa ten unhas prestacións similares. En cambio se queres crear o teu propio PC e queres utilizalo para Streaming e Gaming, é moi boa opción de compra.



E isto foi todo por hoxe. ATA LOGO!!