venres, 22 de marzo de 2019

Noticia da semana: China será a primeira en recibir a tecnoloxía 5G

O 5G en China



O número de usuarios das redes 5G en China alcanzará os 460 millóns no 2025, o que converterá ao país asiático no maior mercado para esta nova tecnoloxía, según o informe da Asociación GSM
                                                             Sputnik Mundo


China lidera a carreira mundial do 5G, di un estudo.
                                                                                                                     Vida Actual 



Esta foi a noticia actual máis destacada do mundo da tecnoloxía. Pois como podedes ver o 5G. Para aclarar a noticia, a tecnoloxía 5G é a predecesora do 4G, e o 4G, non sei se vos fixaches é unha marca que soe estar na maioría dos vosos teléfonos (anque non está só nos teléfonos). Claro está que non todos teñen 4G algúns teléfonos teñen 3G e 2G. Esta tecnoloxía da que estou falando con tantas G é unha especie de sistema que esta limitado a unhas velocidades de busca. O 5G é case 10 veces máis potente ca o 4G e conseguir esta tecnoloxía sería un grandísimo avance. un pequeno grupo de países decidiron facer unha carreira mundial para ver quen o conseguía antes. Según este estudo que se nomea na noticia o país que vai na cabeza da carreira é China.


                                                                                                                                    Pixabay

A miña opinión:

Non me informei demasiado sobre esta carreira entre países e non me vou meter en quen o vai a conseguir antes. O que si quero dicir é a miña opinión sobre esta noticia.
  
  Esta noticia paréceme moi interesante xa que co 5G poderíase facer que os coches móvanse eles sós independentemente de si o condutor está atento ao volante ou non.
Ollo! Xa sei que xa agora teñen parte da independencia pero non é o mesmo, actualmente só podes ir pola autopista co coche totalmente autonomizado pero de andar pola cidade non sería posible agora mesmo. Sen embargo ca tecnoloxía 5G sería posible. Aparte dos coches poderíanse dar moitas máis funcións a todo o mundo tecnolóxico en xeral, por exemplo, as descargas de arquivos serían moito máis rápidas, poderíanse mandar vídeos en HD e en 3D... E moitísimos cambios máis. Para resumir, dame igual quen gañe dita carreira, o a min e a todos nos interesa é esa nova tecnoloxía non a carreira.



Isto foi todo por hoxe!
ATA LOGO!

Os compoñentes dun ordenador

Un ordenador por pezas

Hoxe vou falar da opción de escoller ti mesmo os compoñentes do teu ordenador en vez de compralo cas pezas escollidas pola tenda na que o compres. Aínda que pareza que non, comprálo desta maneira e bastante mellor que compralo xa con todolos compoñentes ao azar.

Isto por qué?

Pois veredes queridos amigos, as tendas máis comúns para comprar ordenadores soen ser Pccomponentes, Amazon e outras tendas online que venden tecnoloxía. Todas elas danche dúas opcións, compralo xa feito e cos compoñentes escollidos ou escollelos un a un ti. Os ordenadores que veñen xa feitos son bos pero polo mesmo diñeiro e escollendo ti os compoñentes podes facer un ordenador moito máis potente. Anque escoller os compoñentes é útil para a xente que necesita ordenadores bastante máis potentes do habitual, coma por exemplo alguén que traballe co ordenador ou alguén que sea fan dos videoxogos xa que empregan máis recursos que unha tarea de ofimática normal. Agora explicarei a maioría dos compoñentes para que vos sexa máis fácil montar un ordenador pola vosa conta. :)

Os compoñentes

O procesador: é o cerebro do ordenador e soe ser dos compoñentes máis caros.














Imaxe sacada de Pixabay


 As dúas marcas máis coñecidas son Intel e Amd. Os procesadores Intel son recomendados para Gaming e os Amd para a edición de vídeos e fotos. Hai distintos modelos con distintas potencias, recoméndovos poñer un precio límite para o ordenador e adaptar o procesador a este.



Un procesador dos máis potentes é o modelo i9 9900k de Intel.


A tarxeta de vídeo (ou tarxeta gráfica): é a encargada de transformar a información nunha representación gráfica no dispositivo conectado a ela (monitor, televisor). Véndenas moitas marcas pero a máis coñecida e a marca Nvidia cas súas Gráficas de Geforce. As máis potentes actualmente son as do modelo 2080.






 













Imaxe sacada de Pixabay




A 2080 é unha das máis potentes do mercado actual.


A memoria RAM: esta ocúpase de cargar todas as accións de do ordenador, a memoria RAM mídese en Gb. Os ordenadores con máis memoria RAM chegan a ter ata 64 gb de RAM aínda que con 8 e suficiente para a maioría dos xogos e as tarefas de ofimática. Esta divídese en módulos e no ordenador o máximo número de módulos que podes ter é de catro.

















Imaxe sacada de Pixabay

O disco  duro: o disco duro como todos saberedes xa e o sistema de almacenamento dun ordenador. Os que se soen comprar son os Barracuda de 1 Terabyte (1000gb). Sen embargo hainos de moitos máis terabytes.


Aquí se soen gardar os documentos fotos etc...









                                                                      Imaxe sacada de Pixabay


A Ssd: e outro dispositivo de almacenamento. É como o disco duro pero con menos capacidade pero con máis velocidade. As máis coñecidas son as de Kingston, nela sóense gardar programas que queres que abran máis ràpido ou que teñan mellor funcionamento.























Imaxe sacada de Pixabay

Refrixeración (opcional): a refrixeración é un sistema que se ocupa de manter o mási frío posible o ordenador para que así traballe mellor. É opcional porque se non tes un ordenador moi potente no te faría falta xa que non chegaría a temperaturas perigosas. Tamén depende de onde vivas xa que as persoas que viven en lugares moi cálidos terán máis problemas cas temperaturas pero se vives nun lugar temperado ou frío non terás tanto problema.




















Imaxe sacada de Pixabay

Fonte de alimentación: é a encargada de dar energía a todolos compoñentes. Sen ela o ordenador non encendería.





                                                    Imaxe sacada de Wikipedia



O monitor (opcional se xa tes un): non me vou centra moito nos monitores xa que daríame para unha entrada enteira. Un monitor ten uns Herzios predeterminados estes son 60 hz, 144hz, 240 hz...


Cantos máis teña millor é o monitor pero tamén é máis caro. O número de hz limita o número de fps (fotogramas por segundo) . Estes fps fan que os xogos, os vídeos etc véanse moito máis fluídos.





                                                                       Imaxe de Clker-Free-Vector-Images sacada de Pixabay


A placa madre ou placa base: é o lugar que no que se conectan a maioría das conexións compoñente-alimentación. Se tes uns compoñentes especiais, moi potentes o moi grandes tamén debes ter unha placa base que sirva para isos compoñentes.



E isto foi todo por hoxe espero que aprenderades algo.



ATA LOGO!!

Fontes de información: Vídeos dos Youtuber
Nate Gentile e DanteGTX.



A miña primeira entrada

Ola a todos!!


Eu son André son da Pobra do Caramiñal e gústame a tecnoloxía. Este é o meu blog e nel quero falar da tecnoloxía en xeral e en principio centrándome nos compoñentes ou periféricos que soe ter un ordenador. Tamén falarei das distintas marcas que distribúen os compoñentes.