venres, 22 de marzo de 2019

Noticia da semana: China será a primeira en recibir a tecnoloxía 5G

O 5G en China



O número de usuarios das redes 5G en China alcanzará os 460 millóns no 2025, o que converterá ao país asiático no maior mercado para esta nova tecnoloxía, según o informe da Asociación GSM
                                                             Sputnik Mundo


China lidera a carreira mundial do 5G, di un estudo.
                                                                                                                     Vida Actual 



Esta foi a noticia actual máis destacada do mundo da tecnoloxía. Pois como podedes ver o 5G. Para aclarar a noticia, a tecnoloxía 5G é a predecesora do 4G, e o 4G, non sei se vos fixaches é unha marca que soe estar na maioría dos vosos teléfonos (anque non está só nos teléfonos). Claro está que non todos teñen 4G algúns teléfonos teñen 3G e 2G. Esta tecnoloxía da que estou falando con tantas G é unha especie de sistema que esta limitado a unhas velocidades de busca. O 5G é case 10 veces máis potente ca o 4G e conseguir esta tecnoloxía sería un grandísimo avance. un pequeno grupo de países decidiron facer unha carreira mundial para ver quen o conseguía antes. Según este estudo que se nomea na noticia o país que vai na cabeza da carreira é China.


                                                                                                                                    Pixabay

A miña opinión:

Non me informei demasiado sobre esta carreira entre países e non me vou meter en quen o vai a conseguir antes. O que si quero dicir é a miña opinión sobre esta noticia.
  
  Esta noticia paréceme moi interesante xa que co 5G poderíase facer que os coches móvanse eles sós independentemente de si o condutor está atento ao volante ou non.
Ollo! Xa sei que xa agora teñen parte da independencia pero non é o mesmo, actualmente só podes ir pola autopista co coche totalmente autonomizado pero de andar pola cidade non sería posible agora mesmo. Sen embargo ca tecnoloxía 5G sería posible. Aparte dos coches poderíanse dar moitas máis funcións a todo o mundo tecnolóxico en xeral, por exemplo, as descargas de arquivos serían moito máis rápidas, poderíanse mandar vídeos en HD e en 3D... E moitísimos cambios máis. Para resumir, dame igual quen gañe dita carreira, o a min e a todos nos interesa é esa nova tecnoloxía non a carreira.



Isto foi todo por hoxe!
ATA LOGO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario