luns, 8 de abril de 2019

Entrada libre: Distintos agarres do rato

Distintos agarres de rato 

 Os ordenadores necesitan un rato para mover o cursor pola pantalla do mesmo. Estes ratos teñen distintas formas pensadas para os distintos tipos de máns ou necesidades dun mesmo.

Como xa dixen anteriormente hai distintas formas ou necesidades de agarrar o rato. Principalmente hai tres formas de agarrar un rato, e cada unha delas ofrece ratos máis cómodos para estes agarres. Os tres tipos son:

Palmgrip ou agarre de palma: un dos máis comúns, esta forma de agarrar o rato implica recobrer o rato enteiro con toda a superficie da túa man. Esta pensado para máns máis grandes ousexa que se tes unha man moi ampla este é o teu agarre.

Claw grip ou agarre de garra:  este modo de agarre implica ter os dedos posicionados en forma de garra, tocando os botóns case cas unllas. Este agarre permite unha man un chisco máis pequena que o agarre de palma, sen embargo se tes unhas máns moi pequenas é recomendable que busques un rato máis pequeno do habitual

Fingertip grip ou punta de dedos: este agarre implica ter a man colocada de forma que a xema dos teus dedos sexan os que tocan os botóns. Este agarre permite que teñas unha man moi pequena sendo os mellores ratos para os nenos.

Todos estes agarres teñen ratos especializados para ter a máxima comodidade, agora poñerei algún exemplo: (os ratos son ratos centrados para gaming tendo un custo un pucoo superior pero ofrecendo as mellores prestacións)

1-Os mellores ratos para palmgrip:
  Logitech G203-Logitech Gpro
Estos ratos teñen un tamaño inferior permitindo máns moi pequenas como por exemplo as miñas, xa que eu teño este rato o Logitech g203. Este rato é unha versión moito máis barata ca o Logitech gpro pero cas mesmas ou mellores prestacións.
Outros exemplos son o Roccat Kone pure ou o Zowie FK2.

2-Os mellores ratos para clawgrip:
  Zowie ZA11
  Razer Basilisk

3-Os mellores ratos para palmgrip:
   Razer Deathadder Elite
   Zowie EC2
Tamén hai certos ratos que son ambidestros pensados para xente zurda.

                                                                                                                    Imaxe de Pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario