luns, 8 de abril de 2019

Entrada libre: Os monitores

Os monitores:

Ola a todos hoxe imos a falar sobre os distintos tipos de monitores.

Imos comezar polo formato de imaxe, os máis comúns son:
16:9: son os que teñen a maior parte da xente, os máis comúns nas casas.
21:9: chamados ultrawide, é dicir moi extensos. Estos monitores son os que usan as persoas que editan arquivos de música, videos ou imaxes.
4:3: estos son os menos comúns pero sigue habendo algún nos bares ou cociñas.
32:9: estos extensísimos e como xa dixen nos 21:9 están pensados para editar.
 
Tempo de resposta
É a cantidade de tempo que emprega un píxel para cambiar dunha cor a outro e logo volver ao seu. Mídese en MS (milisegundos) canto menos tempo de resposta teña moito mellor.

Resolución
É a cantidade de píxeles por polgada, canta máis resolución máis nitidez de imaxe. Dependendo do tamaño do monitor cambia a resolución perfecta. Por exemplo: se tes un monitor de 16:9 a resolución recomendada é de 1920x1080, se tes un monitor de 21:9 é recomendable ter unha resolución de 1080 pero se tes unha resolción superior, mellor.

Imput lag
É o tempo que tarda o monitor en recoñecer unha acción, como mover o cursor ou pulsar unha tecla.
Isto tamén depende dos periféricos que teñas.




E isto foi todo por hoxe. ATA LOGO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario