sábado, 6 de abril de 2019

Entrada libre: Teclado de membrana ou mecánico?

Membrana ou mecánico?

Hola queridos amigos, hoxe no meu blog vou falar dos dous tipos de teclados que hai, de membrana e mecánico.

Os teclados de membrana son os que levan os portátiles coma por exemplo este:

                                                                                                        Imaxe sacada de Pixabay

Aínda que os portátiles leven este tipo de teclado non quere dicir que os ordenadores de sobremesa non podan levar este teclado de membrana. Un destes exemplos é o meu propio teclado, o Razer Ornata Chroma. Os teclados de membrana estan máis centrados en persoas que non pasen moito tempo diante do ordenador xa que á larga son máis incomodos que os mecánicos. De todas formas hai teclados de membrana que por así dicilo están fusionados cos mecánicos, conseguindo o tacto e a forma dun teclado mecánico.

Os teclados mecánicos son os que levan os ordenadores de sobremesa, están pensados para levar moitas máis horas de uso ca os de membrana, tendo así un custo superior.


                                                                                                        Imaxe sacada de PxHere


A maioría dos teclados mecánicos máis actuais buscan ter un diseño chamativo para os que utilizen o seu ordenador en maior ou menor medida para os videoxogos.



E isto foi todo por hoxe, ata logo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario