mércores, 17 de abril de 2019

GTX 1660 Ti

A NOVA TARXETA GRÁFICA: GTX 1660 Ti

Ola a todos, hoxe imos a falar da nova tarxeta gráfica saída ao mercado por Nvidia: a GTX 1660 Ti.
Esta tarxeta gráfica esta pensada específicamente ao gaming. Os creadores de Nvidia decidiron facer esta Gráfica debido ao éxito do resto dos seus productos no gaming. A potencia desta aseméxase á da 1070 sendo así un moi bo produto. As capacidades desta increméntanse moito cando estás xogando ou ''streameando'' debido á súa estrutura. Ademais tamén inclúe as diversas funcións ofrecidas por Nvidia, coma por exemplo: Geforce Experience (graba momentos importantes do xogo como cada vez que eliminas a alguén nun xogo de disparos ou cando te eliminan a ti), Nvidia Ansel (programa que realiza fotografías a nivel profesional do teu xogo) e outras opción que inclúe esta gráfica.

A miña opinión

A miña sinceira opinión é que se ti xa tes unha boa gráfica coma a 1070 1080 1060 1050 non é necesario que a merques xa que a túa ten unhas prestacións similares. En cambio se queres crear o teu propio PC e queres utilizalo para Streaming e Gaming, é moi boa opción de compra.



E isto foi todo por hoxe. ATA LOGO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario