luns, 8 de abril de 2019

Regueifas

Copla 1
Levamos dous trimestres e
hai moito que estudar
estamos xa moi cansos
e só queremos preguizar.

Copla 2
As regueifas son un canto
bonito e cantareiro
podes contar un relato
ou cantar coma un festeiro.

Copla 3
Se tes moito tempo libre
mellor vaite de vacacións
e se te aburres moito
mellor que ti cantes cancións.

Copla 4
Hoxe eu e a miña nai
fomos mercar uns zapatos
pero non quería ningún, 
non estaban moi baratos.

Copla 5
Hoxe estaba moi canso,
senteime nunha cadeira,
tiña cravadas espiñas
de aceiro e madeira.

Copla 6
Pola tarde acostado
na miña boa hamaca
levanteime de súpeto
tiña gana de pataca.

Copla 7
Viña de xogar ao fútbol
tiña que  cambiar de roupa
xa que estaba moi sucia
puxen a lavar a louza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario