martes, 9 de abril de 2019

Valen realmente a pena os monitores curvos?

Os monitores curvos

Hola a todos amigos hoxe imos a falar dos monitores que se están a vender agora, os monitores curvos. Realmente serven para algo?

Pois veredes, coma case sempre depende de gustos, necesidades e capacidade económica. Estes monitores están pensados para que non teñas que mover a cabeza á hora de mirar nos extremos da pantalla e así sexa moito máis cómodo. O que pasa é que agora as empresas fan os seus monitores curvos porque si e sen ningun motivo, a que me refiro? Pois refírome a que existen monitores de 24 polgadas (tamaño normal) que son curvos sen necesidade xa que ao ser dun tamaño relativamente pequeno non fai falta virar a cabeza para mirar os extremos da pantalla.

Entón os monitores curvos son unha estafa?

Pois coma xa dixen antes é cuestión de necesidades e gustos. Se ti queres comprar un monitor de 32 polgadas (un moi grande) é moi boa idea que sexa curvo xa que así facilita a vista da pantalla. Pero polo outro lado se ti queres comprar un monitor de tamaño normal non é necesario que sexa curvo.

                                                                                  Imaxe sacada de Pixabay

Bueno isto foi todo por hoxe espero que vos gustara. ATA LOGO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario