sábado, 1 de xuño de 2019

Novo contido para o blog!!! Reloxos intelixentes

Hoxe vou falar dun novo contido que quero engadir ao meu blog: os reloxos intelixentes.

Como xa dixen nesta entrada e nalgunha máis que farei máis adiante quero centrarme nos reloxos intelixentes. Máis específicamente vou falar dos reloxos da marca Apple, Garmin, Samsung e Polar aínda que pode que fale doutras marcas.

Para comezar os dous tipos de reloxos intelixentes

Os casuais: como por exemplo o Apple Watch ou Samsung Gear.

Os de deporte: como todos os da marca Garmin e Polar.

Os casuais
Estes reloxos son para a xente que non lle vai dar moito uso de cara ao deporte xa que este tipo de reloxos non inclúen case nada de variedade nas opcións de deporte. En cambio engade algunhas cousas como os altavoces e o micro que serven tanto para reproducir música como para contestar a unha chamada. Tamén podes instalar algunhas aplicacións que tamén posúen os móviles. Dous exemplos máis recentes son o Apple Watch series 4 e por parte de Samsung o Galaxy Watch.

Os de deportistas
Estes reloxos están pensados para xente á que lle encanta o deporte e o practica varias veces por semana. Estos inclúen unha gran variedade de deportes, entre os que destacan correr nadar e andar en bici. Sen embargo hai moitísimos máis deportes que podes instalar no teu reloxo ao teu gusto. Este non ten nin micro nin altavoces xa que non está pensado para recibir chamadas, aínda así este recibe as notificacións do teu teléfono. Os exemplos máis recentes son o Garmin Fénix 5 X e o Polar Vantage V Titan.

Para o meu gusto prefiro os reloxes pensados para o deporte xa que eu o practico bastante, pero segundo os teus hábitos un é mellor para ti que outro.

                                                                                      Imaxe sacada de Pixabay

Ningún comentario:

Publicar un comentario